Club Deportivo As Pontes


Club Deportivo As Pontes
CD As Pontes
Nombre completo Club Deportivo As Pontes
Fundación 1960
Estadio O Poboado
Capacidad 2500
Presidente Jaime
Entrenador José Luis Lemos
Liga Tercera división española
[www.cdaspontes.com Sitio web oficial]
Kit left arm.svg Kit body.svg Kit right arm.svg
Kit shorts.svg
Kit socks.svg
Titular


El Club Deportivo As Pontes es un equipo de fútbol de Puentes de García Rodríguez, en la provincia de La Coruña.

Contenido

Historia

50 anos do Club Deportivo As Pontes En 2010 cúmprense os setenta e cinco do fútbol en As Pontes, co que o actual Club Deportivo As Pontes entra no grupo selecto dos clubs con tres cuartos de século de historia. Unha efeméride que está a pasar case desapercibida para a maioría dos ponteses.

       Foi alá polo verán de 1933 cando se constituiu o Club Deportivo Puentes, 

grazas á iniciativa dun tal Rebollar. Francisco Penabad Dopico é o primeiro presidente deste histórico club que competía contra equipos de localidades veciñas,

principalmente en partidos amigable no verán. O seu terreo de xogo era o vello Campo da Feira,
lugar que hoxe ocupa a casa do concello e o parque municipal, 

onde antano tamén se celebraban as verbenas das festas patronais. O seu primeiro equipo estivo formado por Pirucho, Basanta, Nazario, Rafael, Ruso, Pernas, Tocayo, Pepe de Soto, Cabarcos, Juan Rey e Pancho Bellas, os cales podemos considerar como os pioneiros do fútbol pontés. Os seus rivais foron o Racing Vilalbés, Viveiro, Galiano, Tirso, Juventud de Hierro (Ortigueira), Furia de Cuíña, Mezquita de San Claudio,

Ártabro de Ares, Xubia, Ximnástica Lucense, etc.                      

CD Puentes 1951: O Puentes que goleou ó Viveiro no seu campo (1-13) en agosto de 1951.Durante e despois da guerra civil o fútbol estivo esquecido,

xa que había que preocuparse doutras cousas máis necesarias. En 1944 xurde de novo,
con xogadores como os Yllade, Rivera, Bellas, Cabarcos e outros. Presidía a entidade 

Guillermo Gastiosoro Iglesias, á quen seguiu Cesáreo González Dopeso, médico da localidade, e finalmente Manuel Tojeiro Díaz. Na década dos cincuenta destacan Pico, Chucho, Parada,

irmáns Cayetano, Penaro, Arias, Alvariño, Yebra, Jerónimo, Maltrana, Sito, Fresco, Galiana, 

Cao, Liló e outros.Nun principio a súa vestimenta era camiseta azul-granate e calzón azul, despois camisa roxa cunha franxa central branca e calzón branco. Cando se denominaba Xuvenil Puentes era totalmente branca.Histórica foi aquela goleada ó Viveiro no seu propio campo, despois de perder o anterior domingo en As Pontes por 1-3. Era agosto de 1951 e aliñación presentada polos ponteses foi a formada por Bouza, Nistal, Alvariño,

Lesta, Suso Cayetano, Chucho, Rivera o “mudo”, Manolo Cayetano, Abelardo, Rocoy, Tito e Jerónimo. 

Neste histórico partido os ponteses gañaron por un claro e contundente 1-13.


PRIMEIRO CLUB FEDERADO: O CALVO SOTELO


       En 1960, co apoio económico da empresa Calvo Sotelo, o club inicia a súa etapa oficial 

ó federarse o 28 de setembro tomando o nome da empresa e iniciando a súa andadura

na máxima categoría rexional, a Serie A, na que estivo nove temporadas con tres pasos 

pola terceira división e unha na segunda rexional.Os primeiros partidos disputounos no antigo

campo da Feira. Logo pasou a xogar no da academia Calvo Sotelo e finalmente no do Poboado,
que foi inaugurado o 18 de xullo de 1961 nun partido entre o Calvo Sotelo e o desaparecido 

Arsenal de Ferrol. Gañaron os ponteses por dous goles a un. Este campo foi remodelado

posteriormente e na actualidade conta cunhas das mellores instalacións deportivas de Galicia.
       A vella vestimenta do Puentes foi trocada pola de camisa branca e roxa e calzón azul,
e en 1966 sufriu un novo cambio ó pasar a ser totalmente de cor azul.
       Moitos foron os xogadores que pasaron polo histórico “Calvo”,
dende a primeira plantilla  que comezou adestrando Simón
–aquel gran porteiro do Deportivo e Celta de Vigo- e na que estaban Nando, Jerónimo,
Diego, Nené, Cela, Eliseo, Se, Anillo, Cao, Requeté, Manolo, Saavedra, Sito, Maltrana,
Rafa, Orizales, Jenjo, Teruel, Anca, Salazar, Fernando, Tito e Cabarcos; 

ata a derradeira dos Bra, Leal, Vilaboy, Servando, irmáns Roca, Forxa, Pazos, Antonio,

Calpita, Miguel, Isaac, Fresco, Silva, Pena, Barcia, Beceiro, Nacho e Tomé.
       Os afeccionados lembran con nostalxia aquel primeiro ascenso
á Terceira División na temporada 63/64, con Moar como adestrador e unha
plantilla formada por Man, Loira, Nené, Sé, Modesto, Barreiras, Tella, Dictino,
Requeté, Gondell, Rajoy, Nito, Iván, Roca, Cofaga, Canosa e Teruel. Presidía a entidade
un directivo da empresa, Fernando Alarcón Hernández -sucesor de Ramón Tobar- e que ocupou 
o cargo durante doce anos.                                        
        CAMBIO DE NOME: ENDESA AS PONTES 
       O 12 de xullo de 1973 pasa a denominarse Club Deportivo Endesa, nome ó que se 

lle engadiría o da vila en 1982, continuando coa mesma equipación, totalmente azul,

aínda que en 1983 o calzón pasou a ser branco, cores que continúan na actualidade.

Tras unhas temporadas afundido nas categorías baixas do fútbol galego (segunda, primeira e preferente rexional) o club retorna á Terceira División e despois dá un salto

importante ó alcanzar a Segunda B, categoría na que militou nove temporadas en dúas etapas 

de seis e tres anos. Evidentemente, o apoio económico foi unha das bazas importantes, aínda

que tamén hai que salientar o traballo das directivas, en especial as presididas por Fermín Gil,
Pepe Dasilva e o desaparecido Tino Parajón, quen marcou unha das etapas máis gloriosas do fútbol
pontés, chegando incluso a participar na promoción de ascenso á 

Segunda División A na temporada 1991/92.Xogadores de renome e calidade pasaron

por este Endesa As Pontes, que, como sinalei antes, marcou toda unha época na historia
do fútbol pontés. Os Nando, Quique, Alfonso, Ramiro, Bandín, Ramón, Pradera, Alfredo,
Quico, Salido, Rebolo, Carou e unha longa lista fixeron que os afeccionados ponteses
gozaran do fútbol durante máis dunha década. O campo do Poboado enchíase de afeccionados 

(en ocasións dous ou tres mil espectadores) para ver a clubs históricos, como o Salamanca,

Real Madrid Castilla, U.D. Las Palmas,  Sporting de Gijón, Celta de Vigo, Cultural Leonesa,
Almería, Ponferradina, Deportivo da Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol e outros equipos 

de toda a xeografía española.

Endesa As Pontes 91/92: Endesa As Pontes que xogou a fase de ascenso á Segunda División A (1991/92).

O CLUB RECUPERA O SEU PRIMEIRO NOME 
       Logo desta histórica etapa, a entidade pontesa comeza o seu declive, 

en gran maneira propiciado pola considerable diminución do apoio económico do seu

principal patrocinador (Endesa). O equipo baixa á preferente autonómica, 

categoría na que leva sete temporadas; aínda que, en opinión de todos, o seu sitio natural é a terceira división. É nesta época cando en 2002 volve

a recuperar o seu primeiro nome, Club Deportivo As Pontes. Un As Pontes que, 

por outra banda é unha clara referencia en canto á labor de canteira,

pois dende hai case trinta anos a entidade promociona o fútbol base e na 

actualidade, ademais do conxunto senior, conta con dez equipos, dende prebenxamíns

ata xuvenís, con preto de douscentos xogadores. Este temporada que acaba de comezar 

creouse o primeiro equipo feminino da localidade que está a competir na liga galega.

Club Deportivo As Pontes 2007/08 (Preferente autonómica)

  Nas décadas dos sesenta e setenta había unha gran afección ó fútbol, 

de aí que proliferasen nas distintas parroquias e lugares do concello numerosos

equipos de afeccionados que competían en torneos das diversas festas patronais de cada lugar.
Podemos sinalar ó Deportivo Saa (máis coñecido polos “Tritóns”), a Unión Ximnástica da Casilla, 

Ponte da Pedra, o da Carretera, Campeiras, Ribadeume, Faeira, Meidelo, Atlético Gondré, etc. En resume, setenta e cinco anos deron para moito. Épocas gloriosas e épocas case no esquecemento,

alegres vitorias e amargas derrotas, máis de 2.500 partidos disputados, varios títulos de liga 

e de copa e numerosos trofeos de torneos amigables. Por eso, os ponteses poden presumir de ter un club histórico que entrou xa no grupo selecto dos privilexiados e na propia lenda do tempo.

       Dentro de dous anos cumpriránse os cincuenta da federación do club, pois o 28 de setembro
de 1960 a entidade pontesa entrou oficialmente na federación galega de fútbol. Hai tempo suficiente
para conmemorar esta efeméride.

Tayectoria

Temporada División Puesto
Desde 60-61 Regional
Hasta 63-64 Regional
1964/65 15º
1965/66 Regional
1966/67 12º
1967/68 14º
Desde 68-69 Regional
Ata 83-84 Regional
1984/85 17º
1985/86
1986/87
1987/88 2ªB 10º
1988/89 2ªB
1989/90 2ªB 14º
1990/91 2ªB 13º
1991/92 2ªB
1992/93 2ªB 17º

Estadio

[El C. D. As Pontes disputa sus partidos como local en el Estadio O Poboado, con capacidad de unos 2.500 espectadores aproximadamente. Tiene un campo natural de buena calidad.]

Plantilla

Simon -> Portero
Ivan Parapar (Portero)
Angeriz (defensa)
Chote (Defensa)
Iago (Defensa)
Javi Lopez (Defensa)
Moncho (Defensa)
Rochela (Defensa)
Bossa (Centrocampista)
Cañizares (Centrocampista)
Chicho (Centrocampista)
Jordi (Centrocampista)
Dani (Centrocampista)
Esmoris (Centrocampista)
Ivan Gonzalez (Centrocampista)
Kata (Centrocampista)
Luis Coedo (Centrocampista)
Pablo (Centrocampista)
David Amado (Delantero)
Sergio Arias (Delantero)
Hugo Soto (Delantero)
Lemos (Entrenador)
Mariño (Segundo entrenador)
Adrián (preparador físico)
Pena (delegado)

As Pontes ¨B¨

[En la temporada 2010/11 se crea el As Pontes B, a base de exjugadores de la categoría Juvenil

(que por su edad no podían seguir en dicha a esta temporada.]

Enlaces externos

Temporada División Puesto
1993/94
1994/95
1995/96 2ªB 13º
1996/97 2ªB 15º
1997/98 2ªB 17º
1998/99
1999/00
2000/01
2001/02 18º
Desde 02-03 Regional
Hasta 04-05 Regional
2005/06 Regional
2006/07 Regional
2007/08 Regional
2008/09 Regional 10º
2009/10 Regional
2010/11 11º
2011/12

Wikimedia foundation. 2010.

Mira otros diccionarios:

  • Deportivo de La Coruña B — Deportivo La Coruña B Full name Real Club Deportivo de La Coruña B, S.A.D. Nickname(s) Depor, Super Depor, El Turco, Herculinos, Blanquiazules, Branquiazuis …   Wikipedia

  • Club Olimpia — Olimpia Nombre completo Club Olimpia Apodo(s) El Decano, Rey de Copas, El Expreso Decano, El Franjeado, La O´´, La Franja Negra Fundación 25 de julio de 1902 (109 años) …   Wikipedia Español

  • CD As Pontes — Football club infobox clubname = As Pontes fullname = Club Deportivo As Pontes nickname = founded = 1960 ground = O Poboado, As Pontes, Galicia, Spain capacity = 2,000 chairman = flagicon|Spain xaime castro manager = flagicon|Spain Germán Amil… …   Wikipedia

  • Racing Club de Ferrol — Saltar a navegación, búsqueda Racing de Ferrol Nombre completo Racing Club de Ferrol S.A.D. Apodo(s) Diablos verdes Fundación 1919 …   Wikipedia Español

  • Historia de la Juventus Football Club — Saltar a navegación, búsqueda La Historia de la Juventus Football Club se extiende por más de un siglo. Fundada por un grupo de jóvenes estudiantes turineses a fines del Ochocientos,[1 …   Wikipedia Español

  • Yeclano Club de Fútbol — Yeclano C. F. Nombre completo Yeclano Club de Fútbol Fundación 1950 Desaparición 2004 Estadio Municipal La Constitución Yecla …   Wikipedia Español

  • Puentes de García Rodríguez — As Pontes de García Rodríguez Puentes de García Rodríguez Bandera …   Wikipedia Español

  • Trofeo Concepción Arenal — Deporte Fútbol Fundación 1953 Número de equipos 2 País   …   Wikipedia Español

  • David Rochela — Personal information Full name David Rochela Calvo Date of birth 19 February 1990 ( …   Wikipedia

  • Anexo:Grupos de la Tercera División de España 2009/10 — Los Grupos de la Tercera División de España. Contenido 1 Grupo 1 2 Grupo 2 3 Grupo 3 4 Grupo 4 5 Grupo 5 …   Wikipedia Español


Compartir el artículo y extractos

Link directo
Do a right-click on the link above
and select “Copy Link”

We are using cookies for the best presentation of our site. Continuing to use this site, you agree with this.